publicidade hoxe

Espectáculo de teatro infantil en Arcade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O sábado 23 de maio, ás 21.00 h., o Multiusos de Arcade acolle o espectáculo de teatro infantil “A verdadeira historia da cigarra e a formiga” da compañía Teatro El Andamio. Quen non coñece a historia da Cigarra e a Formiga? A fábula de sempre, a da cigarra vaga e a formiga traballadora.

“A verdadeira historia da Cigarra e a Formiga” empezou unha noite de tormenta que o cambia todo … a que nos descobre a cara descoñecida dos personaxes, onde a música e as cancións transforman o primeiro enfrontamento nunha bonita amizade.
Un mundo de música e poesía que acurtará a brecha entre o querer e o deber

22 de maio de 2015 | 10:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.