publicidade hoxe

Entra en funcionamento o saneamento da Senra tras realizar as acometidas aos domicilios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo informa da entrada en funcionamento do saneamento da Senra, que permite aos veciños utilizar este servizo. Para iso, só teñen que acudir á Casa consistorial e solicitar os dereitos de enganche.

As obras para dotar ao burgo da Senra de rede de saneamento e depuradora tiveran un custo de 390.000 euros. Pero a maiores, era necesario facer as acometidas a cada unha das casas, uns traballos que financiou o Concello con recursos propios. Estas tarefas comezaron a semana pasada e están rematando, de forma que xa son moitos os veciños que dispoñen deste servizo.

O saneamento abarca todo o burgo, está preparado para tratar as augas de ata 300 habitantes e a rede principal conta con 3.400 metros de canalizacións, ás que hai que sumar todas as acometidas aos domicilios.

Ao mesmo tempo hai que dicir que o saneamento da Senra será xestionado con recursos e persoal municipal, polo que será un servizo público que permitirá controlar de forma directa o funcionamento da rede en beneficio dos veciños.

13 de maio de 2015 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.