publicidade hoxe

Educación licita as obras de ampliación do CEIP Unión Mugardesa por 500.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMugardos
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de licitar, a través do Diario Oficial de Galicia de hoxe, as obras de ampliación do CEIP Unión Mugardesa, por un importe de 446.140,78 euros e un prazo de cinco meses de execución. As bases poden consultarse no enderezo web http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150521/AnuncioG0164-150515-0001_gl.html.

As obras previstas polo departamento educativo da Xunta de Galicia consistirán na demolición do volume de planta baixa que actualmente acolle a biblioteca para construír un novo de dous andares que albergará 3 aulas de infantil, biblioteca e despachos (secretaria, arquivo e ANPAs), así como os correspondentes aseos. O edificio terá unha superficie construída de 397,71 metros cadrados.

O obxectivo é executar este mesmo ano as obras. O inicio das mesmas está previsto contra o verán, co fin de evitar as molestias ás comunidade educativa.

21 de maio de 2015 | 11:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.