publicidade hoxe

Cursos formativos que se imparten no Concello de Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Nos próximos días comezarán en Salvaterra de Miño os seguintes cursos formativos:

SEMINARIO DE BÚSQUEDA DE EMPREGO

Este seminario organízase en dúas partes. Na primeira ensinarase ao alumn@ as dúas ferramentas básicas para a búsqueda de emprego, o curriculum e a carta de presentación. Na segunda tratarán os medios que poden usar de forma habitual para a búsqueda de emprego.

Contido

Parte 1: As ferramentas:  Curriculum vitae e carta de presentación.

Parte 2: Os medios: Perfil do traballador demandado polo empresario, fontes para a búsqueda de emprego tradicional e búsqueda de emprego na web (ETT´s, portales e boletíns de emprego)

Este curso está impartido por un diplomado en Relación Laborais e Graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos o 7 de maio.

CURSO DE FRANCÉS BÁSICO

Este curso ten como obxectivo iniciarse no coñecemento da lingua Francesa para a comprensión e conversación básica, a través do aprendizaxe de vocabulario esencial, construción de frases, términos idiomáticos, gramática, co fin de mellorar o perfil profesional dos asistentes.

Curso de 30 horas  que se impartirá do 11 ao 22 de maio.

CURSO DE DECORACIÓN DE ESCAPARATES

O obxectivo e dotar aos asistentes dos coñecemento necesarios para dotar aos comercios da principal arma de ventas que posúe un local, o escaparate. Dende o punto de vista de planificación, montaxe e ubicación dos produtos no escaparate de forma adecuada e aportando ideas e planificando os diferentes tipos de escaparates ao longo do ano.

Este curso terá contidos teóricos e prácticos onde se tratará a importancia do escaparate no sector comercio, requisitos dun bo escaparate, tipos, conseguir e aprender a chamar a atención do cliente, o color no escaparatismo, elección de cores, psicoloxía da cor aplicado ás ventas, materiais, ferramentas e sistemas de suxección imprescindibles, fondo do escaparate, creación de decorados e montaxes, aprendizaxe de diversas técnicas: papiroflesia, papel maché, porexpan, etc.

Este curso terá unha duración de 16 horas e impartirase dende o día 18 ao 27 de maio.

6 de maio de 2015 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.