publicidade hoxe

Curso de condución segura en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

O Concello de Cabanas, en colaboración coa A.D.C. Poceira Sport e a Escola de Condutores San Martín, vai organizar este próximo sábado 23 de maio un curso de condución segura. A actividade, que é gratuíta, está destinada a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos co requisito de estar en disposición do permiso de conducir de clase B.

O curso dará comezo ás 10:00 horas cunha primeira clase teórica na que se recordaran diversos aspectos sobre a condución segura así como aclarar dúbidas que poidan ter os asistentes. Posteriormente ás 11:00 horas terá lugar unha clase teórica nas instalacións que a A.D.C. Poceira Sport ten acondicionadas no Camiño das Vellas, onde anteriormente se celebraba o Tramo X do Rallye de Terra de Cabanas. Nestas clases teóricas, os profesores da Escola de Condutores San Martín explicaran como actuar fronte os imprevistos máis comúns na condución, darán consellos sobre como reaccionar e porán a proba os asistentes para que chegado o caso saiban por en práctica os seus coñecementos teóricos. Estas clases prolongaranse ó longo da mañá ata as 15:00 horas.

Os interesados en tomar parte neste curso de condución segura terán de prazo para formalizar a súa inscrición ata o vindeiro xoves 21 de maio. Para facelo poderán poñerse en contacto co Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Cabanas a través da dirección de correo electrónico cultura@cabanas.es ou ben coa propia A.D.C. Poceira Sport no seu correo poceirasport@gmail.com.

19 de maio de 2015 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.