publicidade hoxe

Coristanco declarará dous días de loito oficial pola morte dun neno nun atropelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoristanco
A-
A+
Europa Press

O Concello de Coristanco celebrará este luns, ás 9,00 horas, un pleno extraordinario no que proporá declarar dous días de loito oficial pola morte dun neno duns dous anos, que foi atropelado accidentalmente este sábado, cando se atopaba cos seus avós.

Así o trasladou o alcalde de Coristanco, o popular Antonio Pensado, quen xa avanzara este sábado que se poría en contacto co resto de formacións políticas para falar acerca dos días de loito oficial polo falecemento do menor, fillo dun dos propietarios da panadaría Añón, moi coñecida nesta zona.

ACCIDENTE

O neno foi atropelado accidentalmente por unha veciña da localidade cando cruzaba unha estrada secundaria, tras saír da vivenda na que se atopaba cos seus avós. A condutora que conducía o vehículo non conseguiu evitalo.

O neno recibiu un golpe na cabeza, polo que faleceu no propio lugar do accidente.

O suceso tivo lugar no lugar de Silván, que pertence á parroquia de Erbecedo (Coristanco), sobre as 14,00 horas deste sábado.

18 de maio de 2015 | 10:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.