publicidade hoxe

Convócase un novo permiso de explotación con 2 mergulladores para as Confrarías da Coruña e Barallobre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFeneLocal Portada
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca un novo permiso de explotación para embarcación con 2 mergulladores dentro do Plan de explotación conxunto de ourizo das confrarías da Coruña e Barallobre, na modalidade de mergullo con subministro de aire desde superficie. A selección de embarcacións realizarase conforme ao disposto no baremo para incorporación de novas embarcacións e no baremo para o incremento de tripulantes habilitados en embarcacións que xa teñen recoñecido o recurso no permiso de explotación.

Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería no seguinte enlace. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

As solicitudes poderán presentarse no rexistro auxiliar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración.

Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

8 de maio de 2015 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.