publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado o incendio forestal rexistrado en Vilariño de Conso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosVilariño de Conso
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Vilariño de Conso, na parroquia de Chaguazoso. O lume iniciouse ás 23:49 horas de onte e quedou controlado ás 16:05 horas desta tarde. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 120 hectáreas de monte raso, situadas en Rede Natura. Nos traballos de control deste incendio participaron 6 axentes forestais, 21 brigadas, 1 motobomba, 5 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

13 de maio de 2015 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.