publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Conde destaca o modelo de competitividade e a vocacion internacional das plantas de Ferroatlántica Cee-Dumbría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCeeDumbríaLocal Portada
A-
A+
Francisco Conde na visita a Ferroatlántica

Francisco Conde na visita a Ferroatlántica

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe o “modelo de competitividade e a vocación internacional” que supoñen as plantas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría. Así, durante unha visita as instalacións do Grupo, Conde sinalou que a compañía se configura como un modelo claro de “como xestionar de modo eficiente unha industria, traballando permanentemente pola mellora continua, pola calidade do emprego e pola calidade do produto”.

Conde, que estivo acompañado por Pedro Larrea, presidente executivo do Grupo Ferroatlantica, e pola delegada territorial, Belén do Campo, agradeceu o “compromiso” da compañía coa comarca e con Galicia, que fai posible que empregue hoxe a medio milleiro de persoas na Comunidade, 300 delas no complexo Cee – Dumbría.

“Estas plantas son un exemplo claro de competitividade, de impulsar un proxecto eficiente que busca a calidade dos seus produtos”, subliñou Conde. Ambas plantas, apuntou o conselleiro, exportan o 70% da súa produción configurándose como líderes mundiais do seu sector.

Pero xunto á competitividade e á procura de novos mercados, explicou o conselleiro, Ferroatlántica é un modelo de compañía comprometida cos seus empregados, cunha aposta clara coa seguridade laboral, e co seu entorno.

Neste sentido, Conde salientou o fomento da responsabilidade social, que converte á empresa nun referente da comunidade, participando en iniciativas de acción social con distintas entidades locais que repercuten en beneficio do benestar dos cidadáns, contribuíndo a contar cunha poboación mellor formada e con maiores posibilidades de desenvolvemento.

Mellora do IPI

Así mesmo, o conselleiro salientou o bo resultado do Índice de Produción Industrial – IPI, coñecido hoxe e que reflicte un crecemento do 6,7% en Galicia durante o mes de marzo con respecto ao mesmo período do ano anterior grazas ao bo comportamento de practicamente todos os sectores industriais.

Esta suba do IPI, que medrou en máis de 11 puntos con respecto a febreiro, sitúa a Galicia como a cuarta comunidade autónoma cun mellor comportamento e, como explicou Conde, indica “unha tendencia clara de crecemento industrial”.

Neste contexto, subliñou o titular de Economía e Industria, a Xunta traballa na Axenda dá Competitividade Galicia Industria 4.0, con medidas como a rebaixa do chan industrial ou o apoio á fábrica intelixente, que perseguen potenciar a competitividade da nosa industria.

8 de maio de 2015 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.