publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Concello de Neda e banda La Pasión asinan un convenio para o fomento da cultura e a música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, e o presidente da asociación cultural Banda de Cornetas e Tambores Nuestro Padre Jesús de la Pasión, Luis Feal, asinaron un convenio de colaboración para o fomento da música procesional. Será na Casa da Cultura onde esta formación realice os seus ensaios, os mércores e venres a partires das oito da tarde, puidendo asistir e participar calquer persoa de maneira gratuíta.

Esta formación plantéase levar o nome da real vila de Neda por toda España realizando actuacións ao longo do ano, como fixo a pasada Semana Santa, participando nas procesións de cidades como Coruña, Viveiro e Redondela, onde obtiveron a medalla da irmandade da Orde Terceira da Coruña.

19 de maio de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.