publicidade hoxe

Comezan os preparativos para o Encontro de Embarcacións en Cabo de Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Co motivo de dar a coñecer e presentar o Encontro de embarcacións dan comezo as actividades previas en Cabo de Cruz: 

– Baile do pobo. Proxección de audiovisual comentado por Xurxo Souto e mariñeiros de Terranova e o Gran Sol 05 de xuño ás 21:00h Centro Social de Cabo de Cruz. (Boiro) .

– ”Aquario” Teatro Gazafellos: 13 de xuño 13:00h. Cantón da Leña en Pobra do Caramiñal .

– Mesa redonda sobre a Etnografía do mar: 20 de xuño ás 18:30h. Museo do Mar en Rianxo .

– Xornadas de animación infantís ao redor do mar 27 de xuño todo o día en STª Uxía de Ribeira.

Todos estes actos están programados a través da Mancomunidade Arousa Norte. O programa consiste na proxección do documental “Cabo-Terranova: Unha ollada dende o Argus”. Este audiovisual será comentado por Xurxo Souto coas vivencias e anécdotas de mariñeiros que traballaron en Terranova e o Gran sol. A continuación haberá un baile (de gala) para diversión de todos os veciños amenizado por un coñecido DJ.

29 de maio de 2015 | 14:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.