publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comezan as obras da Glorieta da Armada española en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Inicio das obras

Inicio das obras

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, informou esta mañá do inicio das obras de construción da Glorieta Armada española baixo o viaducto da autoestrada AP9. Unha intervención que dará á real vila a entrada digna da que hoxe carece. Responsables da Demarcación de Estradas firmaban esta mañá a acta de replanteo da actuación e, acto seguido, os operarios tomaban a zona coa correspondente maquinaria.

A Glorieta da Armada española nace dun proxecto longamente xestionado polo alcalde, asinado polo estudo de arquitectura ANTA. Conta coas pertinentes autorizacións de Demarcación de Estradas e da concesionaria Audasa, así como coa colaboración da Deputación provincial da Coruña e máis da Armada. No primeiro caso, trátase dunha colaboración económica, xa que a institución provincial contribuirá con 17.000 dos 27.000 euros nos que está orzamentada a actuación. E, no segundo, a colaboración concrétase coa donación de dúas anclas de buques dados de baixa. Anclas que formarán parte da composición que hoxe se comezaba a construír.

O proxecto plasma perfectamente a intención do alcalde de combinar a tradición mariñeira de Neda, a súa especial relación coa Armada Española, e outro sinal de identidade como é a auga dos tres ríos, Belelle, Castro e Grande de Xuvia, que conforman este concello e o seu reclamo turístico: a Fervenza. Froito disto, nace a “Glorieta da Armada española”, glorieta na súa acepción de cruce de camiños. Procederáse así á creación dunha zona axardinada delimitada por un muro iluminado por LEDs con dúas cascadas de auga a ambos laterais e coa lenda REAL VILA DE NEDA sobre a súa superficie, en letras de grandes dimensións. Por último, ubicaránse as dúas anclas citadas a efectos ornamentais, para difundir a Cultura de Defensa.

5 de maio de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.