publicidade hoxe

Comeza o procedemento de adxudicación de oito vivendas protexidas no Casco Vello de Vigo e dúas en Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoañaVigo
A-
A+

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de oito vivendas protexidas en Vigo e dúas en Moaña. O requisito para entrar no sorteo das dez vivendas é estar inscrito e anotado, á data de hoxe, no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda no réxime, modalidade e localidade da promoción á que se opte e presentar, no prazo de quince días, solicitude de inclusión no procedemento de adxudicación.

En Vigo iníciase o procedemento para a adxudicación de oito vivendas protexidas, de promoción privada e réxime concertado, rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo, participado nun 90% polo IGVS.
Trátase de vivendas desde 55 metros cadrados e algo máis de 80.000 euros de prezo de venda ata os 87 metros cadrados e 127.000 euros.

As vivendas están emprazadas nas rúas San Sebastián e Ferrería e reúnen as seguintes características:
 

Emprazamento

Características das vivendas

Prezo de venda

San Sebastián 24-26

Planta baixa 61,96 m2
89.842 €

San Sebastián 24-26

1ª e 2ª planta 72,65 m2
105.342,50 €

San Sebastián 24-26

1ª planta 57,86 m2
83.897 €

San Sebastián 24-26

2ª planta 60,41 m2
87.594,50 €

Ferrería 3-5-7

1ºA 55,88 m2
81.026 €

Ferrería 3-5-7

1º B 57,34 m2
83.143 €

Ferrería 3-5-7

2º A 55,44 m2
80.388 €

Ferrería 3-5-7

2º B 87,38 m2
126.701 €

Moaña

Tamén se inicia o procedemento para a adxudicación de dúas vivendas de promoción privada e réxime concertado construídas no concello de Moaña e emprazadas no plan Sectorización “A Xunqueira A-2” Pol. 2 Par 4, coas seguintes características:

Emprazamento

Características das vivendas

Prezo de venda

1º A

2 dormitorios, garaxe, rocho, 63,70 m2

113.927,40 €

1º B

2 dormitorios, garaxe, rocho, 68,30 m2

120.203,64 €

Poden consultarse as resolucións de inicio dos procedementos, así como o modelo de solicitude para anotarse no concurso na web www.igvs.xunta.es no apartado de “Sorteos de VPA e VPP”.

13 de maio de 2015 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.