publicidade hoxe

Coca-Cola propón aos transportitas galegos compartir servizos cun grupo aragonés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

Representantes de Coca-Cola Iberian Partners e de Begano formularon aos transportistas galegos compartir servizos co grupo aragonés Sesé, nunha reunión celebrada nun hotel coruñés na segunda xornada de folga destes traballadores. Nunha reunión que comezou ás 16,00 horas e que aínda non concluíu, os representantes de ambas as dúas empresas propuxeron que traballen para eles “pero compartindo co novo operador”, segundo explicou o voceiro dos transportistas galegos afectados, Pablo Gómez Sande.

Ao respecto, precisou que a proposta pasa porque o grupo aragonés faga “o transporte igual” aos galegos, unha trintena de transportistas aos que se comunicou que en xuño finalizaba o seu contrato e que agora, para proseguir co servizo, debían ser contratos pola nova empresa.

Sobre esta proposta, e á espera da reunión que os transportistas galegos que traballan para Begano celebrarán esta noite, Gómez Sande dixo que lles levaría “igual á ruína” que aceptar as condicións do grupo aragonés. “Cunha rebaixa de prezos de ata o 50%”, segundo aseguraron.

Por outra banda, confirmaron que manterán a xornada de folga que iniciaron este luns e as protestas ante as plantas da Coruña e Bergondo de Begano mentres non alcancen unha solución.

5 de maio de 2015 | 20:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.