publicidade hoxe

Cerdedo recibe unha subvención de 38.000 euros para acometer o proxecto de pavimentación do entorno da Praza do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

Tras diversas xestións efectuadas polo alcalde ante a Dirección Xeral de Administración Local, este año presentouse un proxecto redactado polos técnicos municipais para acometer a obra de melloras e pavimentación en pedra no entorno da Praza do Concello.

A presente memoria redáctaseaoabeiro da “Orde do 22/12/2014 de subvencions para a creación/mellora das infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizosmunicipais destinados a concellos de Galicia para o ano 2015” en relación aoproxecto de “Pavimentación do entorno da Praza do Concello”, no núcleo urbano de Cerdedo, pertencente a ditoconcello.

O Concello de Cerdedo contacunhapoboación de idade avanzada e moi diseminada (23,54 hab/km2) repartida en 52 núcleos de poboación que distan do casco urbano, polo que para desprazarse ata as Oficinas Municipais para a realización de tarefas administrativas teñen que empregar vehículos particulares que acceden pola rúa obxectodesta actuación, igual que para acceder ao Centro de Saude, aoEirado da Pena, etc…

A zona de actuación sitúasena Rúa dos Tornos, no entorno á praza do Concello, no casco antiguo do núcleo urbano de Cerdedo, término municipal de Cerdedo.

A zona de actuación presenta neste momento un pavimento de aglomerado e formigón que se atopamoi deteriorado debido ao uso de tráfico pesado en ocasións e polo paso do tempo. O casco antigo de Cerdedo foirecentementeobxecto de obras de humanización, lográndose un aspecto uniforme en casi a totalidade do mesmo (todo o pavimento é continuo, de pedra de granito país), atopándose o tramo obxectodesteanteproxecto entre dúas destas zonas de actuación.

Preténdese a pavimentación deste tramo en pedra país para tratar de dar un aspecto uniforme a todo o núcleo, dotándoo de maiorcalidade e aumentando así as súas potencialidades.

No entorno da praza do Concello, proxéctase a pavimentación con lousas de pedra granítica de 12 cm. que soporten o tráfico rodado.

As actuacións a realizar son as seguintes:

-Demolición do forme actual

-Pavimentación con lousa de pedra granítica do país de 12 cm. de grosor para o tráfico rodado.

A rúa obxectodesteproxecto, ocupa unha superficie de390 m²na Rúa dos Tornos de Cerdedo.

Ó tratárense de obras de dotación de servizos en rúas interiores do casco urbano de Cerdedo, e ó non estár afectando a ningún elemento catalogado no Catalogo de elementos a protexer e recuperar do PXOM de Cerdedo, NON é necesario autorización previa da DireccionXeral de Patrimonio.

4 de maio de 2015 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.