publicidade hoxe

Cerdedo inicia os traballos de pavimentación na estrada Figueroa-San Martiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

Esta actuación está englobado no Plan de pavimentacións de viais e camiños de Cerdedo deseñado polo equipo de goberno que encabeza José Balseiros e redactado polos servicios municipais de urbanismio.  

O proxecto redactouse para dar cumprimento o establecido na orden que regula as rehabilitacións de firmes e as instrucións de carreteras, xa que se trata de traballos de rehabilitación superficial dos firmes das carreteras en servizo.

Os viaís obxecto da actuación sitúanse no termo municipal de Cerdedo, sendo  de titularidade municipal: Na Parroquia de San Martiño de Figueroa, estrada Figueroa – San Martiño.

Na actualidade aestrada  municipal Figueroa – San Martiño, debido ó paso do tempo e da erosión da augapresentan un mal estado de conservación da superficie de rodadura, non presentando síntomas de esgotamento estrutural que xustifique un reforzo estrutural das mesmas, e tendo en conta que non se prevé un crecemento da intensidade de trafico pesado, e suficiente coa rehabilitación superficial do firme.

En xeral pretendese levar a cabo a regularización da capa de rodadura da estrada municipal Figueroa – San Martiño, para elo de acordo co punto 11.2.2 Regularización superficial da 6.3 I.C Rehabilitación de firmes, procederase a eliminación parcial mediante fresado e reposición do firme existente. As actuacións que comezaron hoxe consisten en:

– Limpeza por medios mecánicos das cunetas da estrada

– Fresado da capa de rodadura actual,

– Aplicación dun rego de adherencia con emulsión bituminosa cun aporte de 0.5 kg/ m² de emulsión

– Aplicación de mezcla bituminosa quente de 5 cm, tipo D12, na capa de rodadura.

Se as condicións metereolóxicas o permiten esperamos rematar os traballos no prazo de 10 días.

O importe deste actuación ascende a preto de 50.000 € e será realizada pola empresa especializa Oresa por non dispor o concello dos medios materias e mecánicos necesarios para executala. 

19 de maio de 2015 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.