publicidade hoxe

Cerdedo finaliza a primeira fase do Plan de actuacións en infraestruturas viarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Pavimentado en Deán

Pavimentado en Deán

O Concello de Cerdedo no seu afán de mellorar os servizos que presta aos seus veciños, remata a primeira fase do Plan de actuacións en infraestruturas viarias. Este plan nace debido a que nas distintas parroquias do concello de Cerdedo, existen alguns camiños, vias de titularidade pública, que formando parte do entramadourban dos diferentes núcleos de poboación, e ainda non contan na actualidade cunha pavimentación axeitada, de tal xeito que a veciñanza ten que transitar por camiños de terra, as mais das veces enlameirados, para acceder as suas vivendas. Neste plan urxente o Concello coa sua brigada de operarios leva a cabo a pavimentación dos seguintes camiños e viais:

Núcleo de Cuiña; Núcleo de Dean e Núcleo de Cerdedo. Estes traballos iniciáronse nestes núcleos tralo informe elaborado polos servizos técnicos do Concello que seguirán analizando parroquia por parroquia para elaborar un segundo plan a executar a finais de ano.

As actuacións nos camiños dos núcleos de Cerdedo, Cuiña e Dean consistiron na limpeza da explanada de terra por medios manuais, e pavimentado con formigón, de xeito que mellorase o acceso ás vivendas as que dan servizo.

A execución dos traballos rematou no dia de hoxe e foron actuacións por un importe de 25.000 €.

11 de maio de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.