publicidade hoxe

Cerdedo aproveita as boas condicións metereolóxicas para traballos de pavimentado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Traballos de pavimentación en Folgoso

Traballos de pavimentación en Folgoso

A brigada de operarios de Cerdedo aproveita as boas condicións metereolóxicas destes días para iniciar os traballos de pavimentado no lugar de Outeiro en Folgoso onde se instalará unha nova fonte municipal solicitada polos veciños do lugar que se incorpora ao plan de Actuacións en fontes e lavadoiros municipais deseñado polo equipo de goberno que encabeza José Balseiros.

Igualmente para finalizar a obra enmarcada polo Concello de Cerdedo no programa de melloras de infraestruturas no rural, estanse colocado as rexillas no lugar de Vilalén para a recollida de augas pluviais e evitar así danos no novo pavimento e evitar encharcamentos no viario e a entrada da auga en leiras e propiedades privadas. Con esta actuación queda finalizada a obra de melloras de camiños e accesos ao lugar de Vilalén executada cunha empresa especializada por importe de 74.000 €.

6 de maio de 2015 | 15:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.