publicidade hoxe

Centos de irmandiños animarán o Asalto coas Irmandades Parroquiais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

O Asalto ao Castelo de Vimianzo volverá reunir o sábado 4 de xullo a centos de irmandiños de todo o Concello nas Irmandades parroquiais. Este acto consiste nun desfile polas rúas do centro da vila ao son da música que remata cunha concentración na praza do Concello onde cada líder arengará ao seu exército para asaltar pola noite o castelo. O ano pasado foi o primeiro ano que se realizou esta actividade cun gran éxito de asistencia a pesar da chuvia que caía naquel momento, con grupos chegados de Baíñas e Berdoias, os Dancetekas, os Trubisquiñas e mesmo un pequeno grupo estranxeiro de Eslovaquia, Francia e Italia, coa colaboración da asociación Senda Nova.

Este ano a iniciativa repetirase co obxectivo de reunir a máis irmandiños, xa se realizou a primeira reunión esta fin de semana, pero o prazo segue aberto. Por iso chámase a todo aquel que queira unirse á Irmandade Parroquial nun grupo diferenciado ou asociación pode facelo poñéndose en contacto coa organización do Asalto a través do seu correo electrónico ou redes sociais. Non só do Concello de Vimianzo, se non tamén de fóra.

Ao remate do desfile das Irmandades Parroquiais procederase ao Izado da Bandeira Irmandiña. Este ano, simbolicamente, desde a organización búscase un rapaz ou unha rapaza que cumpra tamén 20 anos no 2015, como o propio festival, para que sexa quen levante a bandeira na casa do Concello. Para poder participar é preciso vir á Gala do Asalto ao Castelo que se celebra o sábado 30 de maio.

Gala-Casting do Asalto

Unha gala que servirá para coñecer o XX Asalto ao Castelo de Vimianzo, na que se detallará todo o programa desta edición, cartel, camiseta, vídeos promocionais, teatro, música, pinchos irmandiños e demais actividades paralelas. O acto que se celebra o sábado 30 de maio a partir das 21.15h servirá por suposto para elixir ás actrices e actores que representarán a toma do Castelo o sábado 4 de xullo, nunha peza dirixida de novo este ano polo artista Guillermo Méndez.

19 de maio de 2015 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.