publicidade hoxe

Cedeira xa conta cos primeiros mini puntos limpos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde, Luis Rubido, informou esta mañá da instalación dos primeiros mini puntos limpos en Cedeira. Ubícanse na zona vella –na praza da Marieta- e na zona nova –na praza de Galicia- e, segundo explicou o rexidor, con eles se busca achegar a recollida selectiva á veciñanza poñendo á súa disposición os medios adecuados para facela efectiva. Serán os primeiros dunha rede que se prevé extenda pola vila e que, sen dúbida, redundarán a favor do medio ambiente.

A súa instalación foi posible grazas a unha achega da Deputación provincial da Coruña, que financia ao 100% estas infraestructuras. Pero ¿que pode depositar nelas a veciñanza? Pois dende pilas ata bombillas, pasando por móviles ou CDs, así como pequenos aparellos electrónicos altamente contaminantes.

19 de maio de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.