publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cedeira aproba a convocatoria das axudas para familias con fillos cursando ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde, Luis Rubido, informou da aprobación e remisión ao Boletín Oficial da Provincia das bases que regulan a concesión das axudas escolares para familias con fillos e fillas que estén a cursar estudos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Unhas axudas que xa recibiron neste curso aquelas familias con fillos en Educación Primaria e que agora o Concello vén de ampliar. As bases e o modelo de solicitude poden consultarse na páxina web municipal (www.cedeira.es) e o prazo abriráse unha vez se publiquen no BOP.

O Concello reserva a este fin 10.000 euros e as axudas municipais complementarán as achegas autonómicas vixentes. Con elas, poderánse cubrir necesidades educativas como adquisición de material didáctico complementario ou financiar actividades extraescolares, pero tamén afrontar o pago de ortodoncias dentais, gafas, plantillas ou calzado especial ou audífonos, sempre que non esté cuberto por outra administración.

Para acceder ás axudas, e entre outros requisitos, é preciso estar empadroado en Cedeira e matriculado nun centro de ensinanza pública, así como ser beneficiario das axudas outorgadas pola Consellería de Educación para a compra de libros de texto.En todo caso, a Administración local canalizará as subvencións a través da Concellería de Servizos Sociais.

18 de maio de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.