publicidade hoxe

Cantos de taberna no Concello de Monforte de Lemos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O Concello de Monforte de Lemos, xunto coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo – Delegación Zona Sur e o Grupo de Gaitas Érbedo, organiza para o día 23 de maio de 2015 os I CANTOS DE TABERNA CONCELLO DE MONFORTE.

A finalidade desta actividade é a recuperación e a divulgación así como a promoción das nosas cancións populares, esas cancións que ao longo do tempo se escoitaban nos bares e tabernas como atributo da nosa riqueza músico cultural. Os monfortinos/as levan toda a vida cantando, polo que a intención é que se volva cantar en calquera tasca da cidade rescatando un ritual ao que se entregaban con fervor propios e estraños.

Nos I CANTOS DE TABERNA CONCELLO DE MONFORTE participarán un máximo de 10 grupos de música tradicional. Os grupos estarán integrados por un máximo de 10 compoñentes.

Haberá un máximo de 10 locais/tabernas/bares onde actuarán os grupos inscritos. Os bares comprométense a convidar a unha consumición aos compoñentes dos grupos tradicionais que realicen as actuacións no seu local.

Para participar tanto como grupo de música tradicional como local hosteleiro haberá que inscribirse no Concello de Monforte de Lemos entre os días 14 e 19 de maio, ambos incluídos.

De haber máis de 10 locais inscritos para participar nos I Cantos de Taberna Concello de Monforte realizarase un sorteo entre eles para determinar os participantes.

Os grupos de música tradicional realizarán un percorrido por todos os locais inscritos dende as 19:00h, interpretando como mínimo dúas cancións por establecemento. O repertorio será preferiblemente tradicional.

14 de maio de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.