publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Campo Lameiro, Cerdedo e Cotobade homenaxean as Letras coa Carreira Conca do Lérez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo LameiroCerdedoCotobade
A-
A+

O vindeiro Domingo 17 de Maio, Día das Letras Galegas, é a data elixida polos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo e Cotobade xunto a empresa GestSport Galicia S.L. para realizar a primeira edición da “Carreira Conca do Lérez”.

Na tarde de onte, no Concello de Cerdedo, reuníronse representantes das partes interesadas para debater os pormenores da proba. Unha proba de carácter popular, na que o percorrido discorrerá preto de 18 km, a través dos tres municipios.

Na recta final, a organización xa baralla cifras de case 100 corredores. Con partida as 10:30 da mañá no Conxunto Romano de San Antón (Cerdedo), avituallamento na Capela de Nosa Señora de Lixó (Cotobade), e meta no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campo Lameiro); prevese unha duración da carreira de 3 horas.

As inscricións manteranse abertas ate as 23:59 de mañá, mércores 13 de Maio, na páxina web do evento www.cronotec.es. E a entrega de dorsais farase no Pavillón Polideportivo Municipal de Cerdedo, na Rúa das Longas s/n, o Sábado 16 de 17:00-20:00e o Domingo 17 de 8:00-10:00.

Unir deporte, natureza e patrimonio histórico son as máximas que se buscan nesta cita; na que persoas de tódalas idades teñen cabida.

12 de maio de 2015 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.