publicidade hoxe

CaixaBank e a Asociación de Empresarios de Santa Comba asinan un acordo para impulsar o crédito ao sector

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSanta Comba
A-
A+

CaixaBank e a Asociación de Empresarios de Santa Comba subscribiron un acordo de colaboración co obxectivo de facilitar o acceso ao crédito aos membros desta organización, así como a outros produtos e servizos financeiros en condicións vantaxosas. O convenio foi asinado por Oliver Silvariño, presidente da Asociación, e por Manuela Iglesias, directora do CaixaBank nesta localidade.

En virtude do convenio, os empresarios de Santa Comba terán á súa disposición unha completa carteira de servizos e produtos financeiros que permitirán reforzar a súa actividade profesional. A oferta deseñada pola entidade inclúe contas de negocio libres de comisións, vantaxes no acceso ao crédito, packs de aforro e seguros, TPV con tarifa plana bonificada e dispositivos VIA T (sistema de telepeaxe) gratuítos.

Manuela Iglesias, directora de CaixaBank, aludiu ao compromiso que a entidade mantén cara ao tecido empresarial da comarca. “Queremos estar preto de todos os seus sectores produtivos: comercio, servizos, construción, etc. para responder mellor ás súas necesidades específicas de financiamento”.

26 de maio de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.