publicidade hoxe

Brión abre o prazo de inscrición na Viaxe da Mocidade con destino Marbella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión vén de abrir o prazo de inscrición na Viaxe da Mocidade 2015, que terá lugar do 20 ao 26 de xullo. O destino escollido este ano é Marbella, localidade ata a que poderán viaxar ata un máximo de 52 veciños e veciñas de Brión de entre 18 e 35 anos de idade.

A inscrición permanecerá aberta ata o sábado 30 de maio no teléfono 981 50 99 69. As prazas asignaranse por rigorosa orde de anotación. O custe da viaxe é de 195 euros, prezo que inclúe os desprazamentos en autobús e a estancia no albergue Inturjoven Marbella en réxime de media pensión (almorzo e cea), así como as distintas visitas que se organicen pola contorna da cidade andaluza.

13 de maio de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.