publicidade hoxe

Boa actuación de Rubén Fernández na proba do Campionato de Europa MX125 en Gran Bretaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Rubén Fernández

Rubén Fernández

O pasado fin de semana, 23 e 24 de maio, celebrouse en Gran Bretaña unha proba do Cto. de Europa de Motocross EMX125, na que o galego Rubén Fernández tras finalizar 9º na primeira manga disputada o sábado, lograba o 3º posto na segunda manga que se celebrou o domingo, xusto por diante do líder da clasificación provisional, Jorge Prado que finalizou 4º nesa manga e 6º na do día anterior.

Mencionar tamén a boa actuación na categoría EMX150 doutro piloto de orixe galego pero que leva varias tempadas residindo en Cataluña, Yago Martínez, quen nesta proba lograba a 2º posición da primeira manga e finalizaba 7º na segunda.

A seguinte proba do Cto. de Europa EMX125 terá lugar o Francia o próximo fin de semana, 30 e 31 de maio.

25 de maio de 2015 | 11:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.