publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición nos cursos de piragüismo para este verán en Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Brión, organiza cursos de piragüismo para rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos que terán lugar durante os meses de xuño, xullo e agosto nas instalacións municipais de Ponte Insúa (parroquia de Ons). As cotas de inscricións serán de 17 euros, para alumnos/as de 17 e 18 anos, e de 12 euros para o resto de participantes. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 50 99 08.

As clases terán lugar todos os venres de xuño, xullo e agosto, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Os participantes repartiranse en grupos de acordo á súa idade: júnior, cadete, infantil, alevín e benxamín. Non é preciso ter coñecementos previos deste deporte para participar, tan só é obrigatorio saber nadar e facer unha ficha federativa coa inscrición.

28 de maio de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.