publicidade hoxe

Apertura do novo aparcadoiro público na zona da ría de San Ciprián

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo informa de que xa está aberto o novo aparcadoiro público na zona da ría en San Ciprián no que están dispoñibles unhas 20 prazas para vehículos nunha área de 600 m2. Un espazo que foi acondicionado polo Concello, que levou a cabo traballos de enchido de terra, nivelación e adecuación do solo así como delimitación das prazas.

Un aparcadoiro para o que se estableceu a colaboración entre o Concello e un particular, o propietario da parcela, que a cedeu durante os próximos catro anos para este uso. O Concello asinara un convenio con el a través do cal a administración local comprometíase a asumir as obras mentres o dono do terreo permitía que se destinase a lugar de estacionamento.

Esta área será de utilidade para aliviar a carga de tráfico e facilitar o aparcamento nesa zona, o cal beneficiará aos residentes pero tamén favorecerá a actividade comercial nunha zona con numerosos establecementos.

12 de maio de 2015 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.