publicidade hoxe

Alternativa por Arzúa promoverá a revisión do PXOM para dar resposta ás necesidades veciñais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O alcalde de Arzúa, José Luis García, e candidato á alcaldía por Alternativa por Arzúaadiantouhoxe un dos principais compromisos do seu programa electoral; trátase da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, unha das cuestións que máis preocupa a todos os veciños e veciñas de Arzúadende a súa aprobación no ano 2008 e que requiredunestudo pormenorizado que permita lograr un maior aproveitamento dos terreos distribuídos ao longo de todo o término municipal.

Un dos obxectivos que se perseguirá con esta nova revisión será atender e estudar con detenimento as inquedanzas e necesidades que plantexen todos e cada un dos veciños e veciñas de Arzúa.

Entre outrascuestiónsterase en conta a adaptación das clasificacións en solo rústico á natureza dos terreos. Esta foiunha das cuestións que suscitoumáis interese no momento de aprobación do PXOM xa que en Arzúa existen grandes extensións de solo rústico cuxa clasificación non se corresponde, nalgúns casos, coaproveitamentoao que, dendeantigo, se viñan destinando. Isto provoca grandes perdas para os nososveciños, poisimpídelles a correcta explotación das terrasatendendo á súanatureza, acarreando nestesenso serios atrancos tanto aosgandeiros como áspersoas que plantexanexecutar algún tipo de plantación.

Despoisdun pormenorizado traballo de campo que nos achegue á realidade e particularidades de cada lugar,vese necesario, indica o alcalde, “subsanar os erros detectados, encadrando as terras, segundo corresponda, dentro do solo rústico de protección agropecuaria ou forestal, para destexeitoaproveitarse da gran potencialidade productiva que nos brindan as calidades e características dos terreos do noso municipio”; José Luis García afirmou,ademais, ser consciente de que o sector agrícola, gandeiro e forestal ten un gran peso específico no desenvolvemento da zona polo que “avanzaremos en dar respostaás necesidades existentes dentro das posibilidades que se enmarquen dentro da legalidade”.

O alcalde e candidato á alcaldia de Alternativa por Arzúaaclarouademais que nesestraballos de revisión terasemoi en conta a delimitación e clasificación dos solos do núcleo urbano da vila así como a delimitación dos núcleos rurais para que os veciños e veciñaspoidan ver satisfeitas as súas demandas.

O alcalde indica, así mesmo, que se aproveitará a revisión do PXOM para “subsanar o importante número de erros no que a camiños se refire, xa que por encima de terreos privados aparecen representados camiños inexistentes, como se tivesen a condición de viarios públicos, ocasionando serios perxuicios para os propietarios das parcelas afectadas”.

José Luis García sinalou, finalmente, que “se fará un estudo serio e riguroso que, dentro da legalidade e sen ningún tipo de discriminación, lle permita a todos os cidadáns sacar o maior e máisxustoaproveitamento das súas propiedades”.

7 de maio de 2015 | 11:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.