publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

AGADEA comeza un ciclo de charlas informativas sobre o alzhéimer en Negreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNegreira
A-
A+

Negreira será a primeira localidade na que terá lugar unha serie de charlas informativas sobre alzhéimer, impartidas por AGADEA e  programadas por FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias) e a  Fundación Barrié, no marco do Programa Red Paraguas Alzheimer. Ao longo dos meses de maio, xuño e xullo esta acción formativa continuará polos concellos de Forcarei, Padrón, Arzúa, Muros e Sobrado.

O Programa Red Paraguas Alzheimer foi creado por ambas entidades en 2013 con fin de: fomentar a capacitación e mellorar a calidade de vida das familias coidadoras de familiares con algunha demencia no rural galego; reforzar a solidaridade entre os membros das familias mediante o achegamento dos máis novos á realidade das persoas maiores; e aliviar a presión das familias coidadoras e axudalas directamente a manterse nos programas de estimulación necesarios para evitar o seu aillamento e a merma da súa calidade de vida. O pasado mes de febreiro FAGAL e a Fundación Barrié renovaron a súa colaboración co obxectivo de ofrecer en 2015 charlas informativas en 24 comarcas rurais galegas. 

As charlas programadas, impartidas pola psicóloga de AGADEA, Noelia Riaño, farán un percorrido polas causas que levan a sufrir a demencia, así como os síntomas iniciais que se mostran nas persoas afectadas, como a perda de memoria ou a desorientación. Asi mesmo, a evolución e as etapas da enfermidade tamén serán unha parte importante da actividade, xa que a charla está dirixida tanto a persoas que sofren os efectos de ter un familiar con alzhéimer como aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre esta enfermidade, que se estima que afecta en Galicia a unhas 96.000 persoas.

A primeira charla terá lugar en Negreira este xoves, 21 de maio, na Casa da Cultura do Concello a partir das  18.30 horas. Todas estas charlas son abertas ao público e sen inscripción previa. 

20 de maio de 2015 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.