publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Adxudícanse as obras de mellora da intersección que dá acceso á igrexa de Doroña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilarmaior
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou hoxe as obras de mellora da intersección situada no punto quilométrico 3+500 da estrada AC-151, Campolongo-Montesalgueiro, que dá acceso á igrexa de Doroña, en Vilarmaior. A actuación ten por obxecto incrementar a visibilidade do cruce, mellorando polo tanto a seguridade viaria no treito.

As obras foron adxudicadas á empresa Construcións Ponciano Nieto SL. por un importe superior a 150.000 euros (151.114,86 €) e contan cun prazo de execución de catro meses, polo que as obras quedarán finalizadas este outono.

A actuación ten por obxecto a mellora da intersección que da acceso á igrexa de Doroña, que se realiza a través dunha intersección situada no marxe dereito da estrada AC-151 no PK 3+530. A intersección actual presenta un importante desnivel e se atopa encaixada entre varias edificacións existentes nunha zona de reducida visibilidade pola presenza de curvas próximas.

A solución proxectada para mellorar o acceso consiste na execución dunha nova intersección. Con este obxectivo, procederase ao cambio de trazado do acceso actual, desprazando 60 metros da actual (no PK 3+600) que require da construción dun novo viario de aproximadamente 182 m de lonxitude. Acondicionarase ademais o noiro da marxe esquerda da estrada, diminuíndo a súa pendentes de xeito que non supoña un obstáculo para a visibilidade.

As obras de mellora no acceso á igrexa de Doroña beneficiarán aos preto de 1.200 veciños de Vilarmaior, pero tamén a todos aqueles que se acheguen a coñecer este importante ben patrimonial que data do século XII.

Trátase dunha actuación que certifica o compromiso do Goberno galego coa mellora da seguridade viaria no conxunto de infraestruturas que percorren o noso territorio, tamén as dos pequenos concellos do interior, como é o caso de Vilarmaior.

21 de maio de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.