publicidade hoxe

Acebe organiza o II Desfile de Moda do Comercio de Betanzos o sábado 16 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

A Praza da Constitución converterase o vindeiro sábado 16 de maio nunha pasarela de moda na que unha ducia de comercios asociados a ACEBE CCA mostrarán as súas propostas para a tempada primavera‐verán. O II Desfile de Moda do Comercio de Betanzos é unha iniciativa organizada por ACEBE CCA e concebida como unha oportunidade para que os asociados poidan participar nun evento no que poderán amosar ao público asistente unha escolla de todo o que ofrecen os establecementos comerciais de Betanzos.

O desfile comezará ás 20.30 h, estará presentado pola xornalista betanceira Lucía Tenreiro e desenvolverase nunha pasarela instalada na Praza da Constitución. Trátase dunha ubicación emblemática e que supón unha clara aposta pola revitalización do Casco Histórico de Betanzos a través de accións de dinamización e promoción comercial. Ó tratarse dun evento ó aire libre estableceuse o Liceo de Betanzos como o lugar alternativo ó que se trasladará a celebración do desfile en caso de choiva.

No desfile participarán Dbebes, Xoma Kids, Metamorfose, Confecciones Chela, Outfit, Cuore Boutique, Graf, Bicoca Moda Home, Cuplé, Óptica Brigantium, Dans Complementos e Freesia. No pase de moda infantil participarán máis de 60 nenos e nenas que amosarán as novidades de Dbebes, Xoma Kids e Confecciones Chela. No pase de adultos poderán verse tamén as propostas de Metamorfose, , Outfit, Cuore Boutique, Graf, Bicoca, Cuplé, Óptica Brigantium, Dans Complementos, Confecciones Chela e Freesia que presentarán looks de home e muller de todos os estilos ademais de complementos, calzado, moda de baño ou cerimonia. Como novidade este ano haberá un pase de moda nupcial da man de Cuore Boutique e Bicoca Moda Home ademais de sorpresas e agasallos para o público asistente.

O evento contará coa colaboración de Grupo Suárez Peluqueros, Fuchica Na Testa e Nana Peluquería Infantil que se encargarán do peiteado de todos os modelos, tanto nenos como adultos, que participarán no desdile.

O Desfile de Moda do Comercio de Betanzos celebrouse por primeira vez en maio de 2014 e tivo una moi boa acollida. Por este motivo, a presidenta de ACEBE CCA, Antonia Anido, mostrouse moi satisfeita con esta nova edición do evento: “Consideramos que é moi importante que poidamos repetir este evento que o ano pasado tivo unha acollida moi boa por parte dos betanceiros e este ano esperamos que se repita o éxito xa que consideramos que o desfile de moda é unha ferramenta moi importante de cara á promoción do noso comercio”. Asimesmo a presidenta de ACEBE CCA agradeceu o apoio dos socios e socias que se involucraron no proxecto.

Para levar adiante este proxecto ACEBE CCA conta co apoio da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do Concello de Betanzos.

8 de maio de 2015 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.