publicidade hoxe

Ábrese o prazo de inscrición para a II Carreira Popular de Curtis do 4 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisDeportes
A-
A+

O Concello de Curtis abriu xa o prazo de inscrición para a II Carreira Popular de Curtis, que se celebrará o día 4 de xullo. Todas as persoas que queiran participar nesta segunda edición poderán facelo ata as 22.00 horas do día 1 de xullo.

A proba, na que colaboran a Federación Galega de Atletismo, Deporte Galego e a Xunta, está deseñada por percorridos para as distintas idades dos corredores, establecidas por categorías. Para os máis pequenos, a categoría Pitufo, a distancia a percorrer será de 300 metros, que subirá a 500 para os prebenxamíns, a un quilómetro para Benxamíns e Alevíns, e 2.500 metros para Infantís e Cadetes. Na carreira dos 5 quilómetros en ruta, que estará homologada pola Real Federación Española de Atletismo, poderán participar as categorías Xuvenil e Junior, Promesa e Senior, Veteranos A,B e C, e Veteranas A e B. As marcas entrarán a formar parte do ranking galego. 

O Concello espera que a carreira, cuxo percorrido será netamente urbano, sexa un éxito como o ano pasado, na que se xuntaron máis de 400 corredores.

21 de maio de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.