publicidade hoxe

A Xunta destaca en Arzúa a mellora competitiva de Toldos Gómez que aumentou a súa facturación nun 20%

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaLocal Portada
A-
A+
Javier Aguilera na visita a Toldos Gómez

Javier Aguilera na visita a Toldos Gómez

O director do Igape, Javier Aguilera, que visitou hoxe as instalacións de Toldos Gómez xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, destacou o compromiso desta empresa familiar de cuarta xeración coa mellora continua da súa competitividade, que se reflectiu o ano pasado nun incremento de facturación cifrado no 17%, o que lle permitiu achegarse aos 4,5 millóns de euros.

Toldos Gómez dispón de liñas de negocio especializadas en protección solar, elaboración de téxtiles técnicos, impresión dixital e rotulacións, carpas e estruturas, lonas para o transporte e cintas de trincaxee elevación.

Coa recente posta en marcha dun novo edificio de 7.000 metros cadrados no novo parque empresarial arzuán, a empresa multiplicou a súa capacidade produtiva e aspira a seguir medrando. Ademais da sede central, en Arzúa, a empresa dispón de centros produtivos en Santiago de Compostela, Bergondo e Lalín. Actualmente emprega a 80 traballadores.

A empresa familiar está a implantar servizos avanzados, no marco do programa ReAcciona, para optimizar os seus procesos de produción, mellorando a súa eficiencia e competitividade, e para o relanzamento comercial.

O Programa ReAcciona do Igape mantense aberto á presentación de solicitudes polas pemes galegas, ás que se lle facilitan servizos orientados a achegar novas competencias e habilidades ao capital humano co obxectivo de incorporar melloras consolidables na súa xestión. As empresas interesadas poden presentar as súas solicitudes a través da web do Igape.

6 de maio de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.