publicidade hoxe

A Xunta concede a Cerdedo un esparcidor de sal e un remolque de emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Esparcidor de sal

Esparcidor de sal

Dentro do PLAN DE VIABILIDADE INVERNAL deseñado por primeira vez neste ano polo equipo de goberno do Concello de Cerdedo que encabeza José Balseiros, logrouse a adxudicación por parte da Consellería de Presidencia, ad. Públicas e Xustiza dun esparcidor de sal e dun remolque de emerxencias. Esta maquinaria será de gran utilidade tanto para a brigada de operarios do Concello de Cerdedo como para a Agrupación de Protección civil que fai un gran traballo reforzando as tarefas municipais nos meses máis complicados do ano para mellorar e garantir a seguridade viaria.

Esta maquinaria foi solicitada no seu día polo alcalde de Cerdedo ante a exposición dos graves problemas e as continuas saídas de vía que ocorrían nas estradas do termo municipal de Cerdedo.  

Con este plan de viabilidade invernal defínese a estrutura organizativa e os procedementos para a execución dos traballos de atención á vialidad invernal da rede de estradas de titularidade local do Concello de Cerdedo.Dentro das funcións do protocolo están: zonificar o territorio en función do risco meteorolóxico, establecer as épocas de risco en función das previsións xerais,  e establecer e coordinar de maneira eficaz os medios materiais e humanos para manter unhas óptimas condicións de seguridade, comodidade e fluidez nas estradas de Cerdedo, sempre en coordinación co resto de institucións supramunicipais e por último que é o que nos ocupa a demanda dos materiais e maquinaria necesaria para poder executar o plan.

Algunhas das tarefas realizadas foron: a clasificación das vías máis perigosas os accesos a Cavadosa, Chamadoira e o de Limeres, aplicación de medidas correctoras como a instalación da bionda e a curta das árbores no acceso a Limeres, melloras na sinalización tanto horizontal como vertical e a mellora das infraestruturas complementarias como pode ser a instalación da nova bionda protectora na estrada que une Cerdedo con Limeres; tarefas de melloras nas cunetas con limpeza especializada con retroexcavadora e camión, construción de novas cunetas como foi no caso de Barbeira, Piñeiro, Revolta, etc…, drenaxes nas estradas naquelas zonas onde se acumula ou nace moita auga e produce o reblandecemento do pavimento e por tanto aumenta o perigo.  

8 de maio de 2015 | 12:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.