publicidade hoxe

A praza de abastos de Redondela súmase a campaña “Quere o teu mercado”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

Asociación de Empresarios de Redondela e o Concello de Redondela, en colaboración da Xunta de Galicia, co propósito de promover os  mercados e prazas de abastos locais e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e bo facer dos nosos praceiros e praceiras, nos sumamos a unha Campaña de carácter internacional “LoveYour Local Market” que se estendeu polo mundo por  iniciativa dunha asociación internacional sen ánimo de lucro WorldUnionofWholesaleMarkets (WUWN).

A campaña, co lema en galego “Quere ao teu  mercado”,  tera no último sábado do mes de maio unha conmemoración especial xa que a Xunta de Galicia, como mostra de apoio a esta iniciativa, creou o “Día do Mercado” que este ano celebraremos o 30 de maio.

Para  celebrar o Día do Mercado queremos convidar aos nenos e nenas da localidade a que celebren cos praceiros e praceiras este día e os agasallen cos seus debuxos de cómo ven eles os mercados municipais. Os nenos poderán entregar os seus debuxos na Praza de Abastos de Redondela (Avda. Ernestina Otero, s/n) o sábado día 30 de maio a partir das 11:30h onde lle estarán agardando pequenos agasallos e obradoiros e actividades moi divertidas nas que ademais poderán aprender moitas cousas sobre os produtos frescos que se comercializan nas nosas prazas de abastos.

Actividades previstas:

– Sábado 30 de maio a partir da 11:30h: EXPOSICIÓN DE DEBUXOS SOBRE OS MERCADOS LOCAIS.

– Sábado 30 de maio a partir das 11:30h: OBRADOIROS E ACTIVIDADES PARA  NENOS.

– Venres 12 de xuño a partir das 12:00h: DEMOSTRACIÓN DE COCIÑA.

29 de maio de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.