publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A praia das Catedrais atópase entre os tres mellores areais familiares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaRibadeo
A-
A+
Europa Press

A praia lucense das Catedrais, situada en Ribadeo, ocupa o segundo posto do ranking dos mellores areais de España para ir cos máis pequenos, só superada por Las Canteras, en Gran Canaria. Así recólleo o portal especializado playea.es, que indica que o que máis valoran os usuarios desta web cando viaxan con nenos é que a praia sexa de area, sen ondada, con socorrista, que teña actividades e, a ser posible, todo tipo de servizos como baños, duchas ou quioscos.

En terceiro lugar das mellores praias familiares para os usuarios sitúase a praia do Inglés, tamén en San Bartolomé de Tirajana, en Gran Canaria, segundo indica o portal www.playea.es.

A beleza das estruturas de pedra esculpidas pola forza do Mar Cantábrico converten á praia das Catedrais, en Lugo, nunha das mellores de toda España para os usuarios de Playea. Ademais, aínda que recoñecen que a afluencia de bañistas é, ás veces, “moi alta”, consérvase “limpa como o primeiro día”, obtendo o galardón de Bandeira Azul, ano tras ano, e a Q de calidade turística.

Para os nenos é, segundo os “praieiros”, un “paraíso no que poder explorar covas e deixar voar a súa imaxinación”, engade o citado portal.

28 de maio de 2015 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.