publicidade hoxe

A “Noite en branco” da ESMU Magariños congregou a centos de veciños en Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

A segunda edición da “Noite en branco” da escola municipal de música Magariños de Brión foi todo un éxito de participación, xa que congregou a varios centos de veciños ao longo dos seus cinco concertos na Biblioteca Pública Municipal, na Aula 2 da Escola Municipal de Música, no salón de plenos do Concello de Brión, na sala de exposicións municipal e o salón de actos do Centro Social Polivalente. De feito, medio cento de persoas seguiron completamente a itinerancia, levada a cabo entre as 22:00 e as 0:30 horas do pasado venres.

A iniciativa contou coa participación de cen músicos alumnos e alumnas da escola, así como outros cincuenta da Banda Municipal de Música de Brión, que actuaron como artistas convidados. Os concertos da Banda Municipal, así como os da Banda de Música Magariños e da Coral da ESMU foron as máis aplaudidas polo público, cun repertorio que ía dende a música clásica ata bandas sonoras como Titánic ou El Padrino, e mesmo o We are the champions de Queen, versión instrumental.

“Estudos de acuarela”

Por outra banda, a sala de exposicións municipal de Brión acollerá mañá mércores 13 de maio, ás 20:30 horas, a apertura ao público da exposición “Estudos en acuarela”, de Marcelino de Santiago “Kukas”.

12 de maio de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.