publicidade hoxe

A mesa de contratación da Deputación propón adxudicarlle a obra da variante de Rebón a Civis Global

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMorañaPontevedra
A-
A+

A mesa de contratación da Deputación de Pontevedra cualificou e propuxo adxudicarlle a obra de construción da variante de Rebón, na EP-0503, no concello de Moraña, á empresa Civis Global, por 640.004 euros e cun prazo de execución de cinco meses.

Unha vez finalizada a mesa a Deputación requiriulle á empresa que presente a documentación e a fianza oportuna para poder adxudicar definitivamente a obra esta mesma semana.

A este concurso presentáronse 19 empresas. A obra de construción da variante afectará a 68 parcelas, pois trátase dun trazado completamente novo da estrada que implicará un alto gasto en canto ó pagamento de expropiacións.

A variante de Rebón permitirá mellorar a seguridade viaria nunha estrada que dá acceso ó santuario dos Milagres de Amil e posibilitará, ó mesmo tempo, preservar a capela e o pazo de San Roque, dous edificios catalogados por Patrimonio que están nas proximidades desta estrada provincial, o que, unido á presenza de numerosas vivendas a carón da vía,  facía imposible anchear a estrada co trazado actual.

Un viaduto de 15 metros

A estrada ten unha notable intensidade de tráfico e presenta un trazado moi sinuoso e estreito, sen marxes nin beiravías para o tránsito peonil en boa parte do actual trazado. A modificación que se acometerá non só permitirá eliminar curvas e anchear a calzada senón que se crearán beiravías que permitirán o paso dos veciños e mellorarán a seguridade viaria.

O resultado final será unha estrada de 9 metros de ancho, con dous carrís de 3,5 metros cada un e beiravías pavimentadas de 1 metro en ambas as marxes. O novo trazado pasa sobre o leito dun regato, que se salvará coa construción dun viaduto de 15 metros de luz.

12 de maio de 2015 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.