publicidade hoxe

A empresa galega Enfios Texgroup lanza unha nova colección dentro do seu proxecto Supporters.prol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilalba
A-
A+

O proxecto SUPPORTERS.PROL segue avanzando, esta vez, coas camisetas dos Clubs de Fútbol Europeos. O martes 12 de Maio facendo coincidir a semifinal da Champions League que enfrontaba ao FC Bayern Münich co FCBarcelona, foron presentadas as camisetas #Blaugrana e #BayernRot. Posteriormente, o mércores, as elixidas polo público, a través dunha enquisa en Typeform, foron #RealBlanco e #Colchoneiros.

Onte mesmo, lanzábanse dúas novas camisetas pertencentes á Colección de Xogo de Tronos, “Lion Rede” e “Wolf Grey”. Así, o proxecto deseñado por Daniel Nyari e Nerea Palacios e fabricado por ENFIOS TEXGROUP continúa progresando en liña ascendente e achegándolles aos afeccionados, camisetas únicas e exclusivas. Esta nova colección deixa ver, unha vez máis, a aposta polo deseño e a exclusividade da empresa galega.

20 de maio de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.