publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra destina 78.800 euros para o acondicionamento do torreiro de San Martiño de Currás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraTomiño
A-
A+

A Xunta de Goberno aprobou investir 78.877,50 euros do Plan Provincial de Obras e Servizos (POSP) 2015 para acondicionar este espazo lindeiro co adro da igrexa de San Martiño.

Segundo se recolle no proxecto que aprobou a Deputación de Pontevedra este venres, o obxectivo desta obra é urbanizar o torreiro das festas. Esta actuación consistirá en pavimentar a zona, acondicionar o palco da música e instalar o mobiliario urbano coa finalidade de humanizar o contorno.

Como actuación complementaria, tamén se vai cambiar a orientación da parada de autobús que hai na estrada PO-552. Construirase unha nova parada orientada cara ó noroeste para que interfira menos no impacto visual da igrexa. Así mesmo, canalizarase a cuneta do lugar para mellorar o acceso.

22 de maio de 2015 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.