publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Pontevedra concede 100.823 euros para pavimentar o camiño de Albeos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecentePontevedra
A-
A+

A Deputación destinará 100.823 euros do Plan Provincial de Obras e Servizos (POSP) 2015 á mellora do firme dun camiño na parroquia de Albeos (San Xoán), no concello de Crecente. O proxecto, aprobado na Xunta de Goberno do venres, contempla a pavimentación do camiño de Perdigón a Vilapide e un ramal da vía que dá acceso a varias vivendas da zona.

Así mesmo, esta actuación recolle o refinado da vía, a través da que se accede a un depósito de auga que hai nas inmediacións.

O acordo adoptado pola Deputación de Pontevedra tamén recolle a realización de obras de acondicionamento dos servizos e elementos de drenaxe destas vías. O camiño de Perdigón a Vilapide une dúas estradas de carácter provincial: a EP-5304 Villar-Albeos e a EP-5004 Valeixe-Villar.

O prazo de execución das obras é de tres meses.

11 de maio de 2015 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.