publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A construción dos pantaláns no Puntal irán acompañados dunha zona de ocio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Reunión para avaliar o proxecto

Reunión para avaliar o proxecto

O proxecto de construción dos pantaláns de Neda está dende hoxe mesmo na casa consistorial a exposición pública, dispoñible para calquer persoa interesada. No taboleiro de anuncios, na pranta baixa. Un proxecto no que traballou durante longo tempo o equipo de goberno e que agora, finalmente, toma como seu e impulsa o novo Club Náutico Real Vila de Neda, entidade sen ánimo de lucro.

Un proxecto que non só permitirá a construción duns pantaláns con 40 puntos de amarre para embarcacións e servizos de altísima calidade pouco habituais en Galicia –videovixiancia, electricidade, auga-, senón que tamén traerá consigo a posta en valor do entorno: a praia do Puntal. E é que, segundo lle trasladaron esta mañá nun encontro co alcalde, Ignacio Cabezón, Gonzalo Naya e Manuel Villamarín, presidente e vicepresidente respectivamente do clube, o proxecto elaborado e presentado xa ante a Autoridade Portuaria tamén contempla a creación dunha zona de ocio con cafetería, restaurante e cocedoiro de marisco (que se surtiría dos profesionais da zona). Ubicaríase no Galpón do Puntal (recentemente recuperado polo propio Concello). Tamén inclúe unha área para o estacionamento (na actual explanada de cemento), e unha terraza (en terreos colindantes) e almacén para piraguas. Precisamente, neste punto, os representantes do clube solicitaron do rexidor a colaboración do Concello para a cesión das citadas instalacións municipais, cuestión que Ignacio Cabezón acolleu moi positivamente. A cambio, o Clube Náutico colaborará co Concello na promoción dos deportes náuticos en Neda, diversificando a oferta turística da real vila. Así, se plantea programar cursos de vela, kaiak, windsurf… e especialmente centrados nos nenos e nenas.

Pero, ¿en que fase está o proxecto? O Club Náutico presentou o proxecto e a documentación na Autoridade Portuaria, da que solicitou a cesión da lámina de auga. Unha vez se pronuncie, a intención do clube é iniciar canto antes as obras, cun prazo de tres-catro meses. ¿Obxectivo? Estar operativos antes de rematar o ano. A inversión prevista é de 200.000 euros e os promotores son claros á hora de afirmar que primarán ás empresas da zona nas obras de construción –fontanería, electricidade…- e tamén aos veciños e veciñas de cara a contratación de persoal para o centro de ocio.

20 de maio de 2015 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.