publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano de Santiago incorpora aos concellos da Estrada, Padrón, A Baña, Vila de Cruces e Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaA EstradaAmesBoqueixónBriónLocal PortadaNegreiraO PinoOrdesOrosoPadrónRoisSantiago de CompostelaTeoTouroTrazoVal do DubraVedraVila de Cruces
A-
A+
Comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano. Foto: C. Paz

Comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano. Foto: C. Paz

A comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano aprobou na súa reunión de hoxe a incorporación dos concellos de Padrón, A Estrada, A Baña, Vila de Cruces e Ordes. A comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano Santiago celebrou hoxe unha reunión extraordinaria presidida pola directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, e que contou coa participación da delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo.

Na actualidade a área de Santiago está constituída por 13 concellos: Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, O Pino, Oroso, Rois, Santiago, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra. Coa aprobación de hoxe a área estará integrada por un total de 18 concellos, unha vez que os novos integrantes asinen en vindeiras datas os seus respectivos convenios de adhesión. Un total de 65 concellos compondrán as cinco áreas de transporte metropolitano, tras a constitución da área de Vigo e as integracións aprobadas hai dúas semanas na Coruña e Lugo.

Hai que lembrar que a comisión de seguimento da área de Santiago celebrou o 29 de abril a súa reunión ordinaria, na que se acordara por unanimidade a prórroga do plan de transporte para o ano 2016 e na que se decidira pospoñer a votación das novas incorporacións co obxectivo de acadar o máximo consenso. Decidiuse así polas discrepancias expresadas por algúns dos representantes dos concellos e pola ausencia na reunión de representantes doutros dos concellos, entre eles dos que manteñen as relacións máis significativas con algúns dos concellos, como Oroso e Val do Dubra.

Nesa reunión ordinaria aprobouse a renovación do plan para 2016 cun orzamento de case 2 millóns de euros, que garantirá a continuidade deste servizo público o ano que vén.

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia funciona actualmente en cinco áreas: Santiago, Lugo, A Coruña, Ferrol e Vigo. A Xunta contribúe co 80% da bonificación no traxecto principal e os concellos co 20% restante. Ademais, o Goberno galego asume a bonificación do 100% dos transbordos e os descontos adicionais aos usuarios habituais (15%) e ás familias numerosas (20% ou 50% segundo se ten 3 fillos ou máis).

12 de maio de 2015 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.