publicidade hoxe

A Cañiza contará cun novo obradoiro de emprego no que se formarán e traballarán 20 veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

O Concello de A Cañiza xa conta co 2º Obradoiro de emprego confinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo cun importe de 178.175,00 €uros.

A concesión deste segundo obradoiro permitirá que os veciños participantes poidan formarse e obter un certificado de profesionalidade con validez para todo o territorio nacional. Ademáis traballarán na recuperación de fontes e lavadoiros, o entorno da antiga ponte romana do Couto e na realización dun sendeiro nesa mesma zona.

O Alcalde de A Cañiza destaca a importancia da concesión deste obradoiro que é un exemplo máis do traballo desenvolvido en prol da formación e o emprego para os veciños de A Cañiza.

6 de maio de 2015 | 14:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.