publicidade hoxe

A Cañiza celebra a IV Gala do Deporte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Todo está preparado para que este venres, 15 de maio, o Auditorio da Casa da Cultura acolla a Gala do Deporte 2015 do Concello de A Cañiza a partires das 21:00h. Os galardóns serán entregados polo Alcalde Miguel Domínguez Alfonso.

Promovida polo Servizo de Deportes do Concello, no acto desta noite se coñecerán os premiados da tempada 2014-2015 así como os eventos máis destacados dentro de cada modalidade e que son merecedores dunha mención especial. Este ano o Concello da Cañiza quere premiar a gran labor desenvolvida por cada clube e asociación premiando a súa promoción, colaboración, adicación e implicación no deporte municipal.

Este ano dedicaremos o primeiro homenaxe póstumo ao noso veciño e amigo Juan José Rodríguez Caamaño, falecido recentemente e que adicou toda una vida ao deporte. Foi cofundador do clube de fútbol veteranos cañiza hai máis de 32 anos.

O tribunal calificador (xurado) estará composto polo Alcalde Miguel A. Domínguez Alfonso, a Concelleira de deportes Ana Belen Alejandro Alvarez, o Concelleiro Delegado Carlos Rincón Moraña e o Técnico Municipal de Deportes Andrés Pérez Alonso.

A presentación da Gala correrá a cargo da Actriz e directora da compañía Inversa Teatro Marta Pérez Alonso e estará a amenizada polo grupo de baile Muévete. O clube Kiap A Cañiza de Taekwondo Teatro clausurará este acto cunha actuación especial.

15 de maio de 2015 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.