publicidade hoxe

A Cañiza acolle o 8 de maio un congreso sobre o autismo e o TDAH

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Este venres, a partires das 17h00 comeza en A Cañiza a 1ª Xornada de Visualización e Información do Autismo e o Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade, organizada pola Asociación TEAVI en colaboración co Concello de A Cañiza.

A xornada celebrarase no Auditorio da Casa de Cultura de A Cañiza e comezará coa presentación da Asociación TEAVI a cargo da súa presidenta dona Encarna Fernández. Contará con prestixiosos profesionais na materia como o Doutor Alfonso Amado Puentes, da Unidade de Neuropediatría do Hospital Xeral de Vigo e a Psicóloga responsable do Gabinete Psicopedagóxico Litus de Vigo que desarrollará a súa ponencia en torno ao TDAH e TEA no ámbito da aprendizaxe.

Ademáis contará con testemuños persoais que axudarán a coñecer, recoñecer e entender en maior profundidade estes trastornos como é o caso de Encarna Fernández que compartirá con todos os asistentes a súa experiencia. Sobre as 20h30 abrirase un turno de preguntas e intervencións por parte dos participantes.

Esta xornada, totalmente gratuita, está aberta a todas as persoas interesadas nesta materia, pais e nais, mestres, orientadores, persoal sanitario, estudantes de maxisterio, monitores de tempo libre e entrenadores deportivos entre outros.

Ao rematar entregarase a todos os participantes un certificado de asistencia.

5 de maio de 2015 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.