publicidade hoxe

A brigada de operarios de Cerdedo instala as marquesiñas de Fondós e Outeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Marquesiña en Fondós

Marquesiña en Fondós

Este plan deseñado polo equipo de goberno de José Balseiros analizou a localización e estado das marquesiñas de refuxio e paradas de bus do termo municipal de Cerdedo e tras analizar os servizos técnicos unha por unha as necesidades redactouse o documento que contempla a instalación e/ou substitución debido ao mal estado das marquesiñas dos seguintes lugares: nova instalación e unha marquesiña no parking público de Cerdedo (Rua da Constitución), marquesiña en Vilar, substitución de marquesiña en Os Castros e nova marquesiña en Fondós, sendo esta última por onde se iniciaron os traballos.

Estas son tan só as primeiras actuacións que supoñen un importe de 20.000 € e o Concello seguirá traballando neste plan para aos poucos ir repondo ou rehabilitando noutros lugares tras as demandas veciñais e necesidades analizadas polos servizos técnicos municipais.  

12 de maio de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.