publicidade hoxe

A Biblioteca Pública Municipal de Verín estrea web

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Biblioteca Pública Municipal de Verín pon en funcionamento o seu novo portal: http://www.bibliotecadeverin.es, co obxectivo de seguir ofertando un servizos de calidade aos/ás verinenses/as. A través desta dirección os/as veciños/as e internautas accederán a da Biblioteca de Verín, desde a que obterán información sobre os seguintes aspectos: descrición da biblioteca (historia do antigo Colexio San José), ordenanza da instalación municipal, carta de servizos, Proxecto de Voluntariado Cultural, eventos programados, catálogo on-line, iniciativas de fomento á lectura e galería de imaxes de todas as actividades realizadas neste espazo de cultura verinense (desde o ano 2007).

Esta páxina web busca ser un novo espazo interactivo para contactar cos/as cidadáns/as, fomentando a dixitalización dos servizos e promovendo o intercambio de información entre os axentes do municipio. A mesma súmase aos perfís existentes da Biblioteca de Verín nas diferentes redes e canais sociais (como Facebook, Twitter, Youtube, Vimeo e Flicker), a través dos que se acerca a labor desta instalación a todos/as os/as interesados/as.

A Biblioteca Pública Municipal de Verín, que conta na actualidade conta con máis 2.905 socios/as (datos a 31 de decembro de 2014), realizou desde o ano 2006 máis de 320 actividades de fomento á lectura para os/as menores dentro do Programa de Voluntariado Cultural e Fomento á Lectura. Entre as mesmas atópanse contacontos (cun ciclo deles en inglés) e manualidades, cursos de informática (cesión de aula a entidades como Morea, Innova Emprego II Ourense 3.0 OU II Plan galego de Inclusión Social), relatorios, Club de Lectura, exposicións, presentacións de libros, visitas escolares, Bibliopiscina, BiblioRúa, convivencias de voluntarios/as, concursos, visionado de películas e charlas ou obradoiros. A realización de todas estas iniciativas permitiron a Biblioteca de Verín acadar, por sexto ano consecutivo Campaña de Animación á Lectura María Moliner, así como numerosos recoñecementos nacionais e internacionais de distintas organizacións como a Embaixada de Chile en España, Federación de Fútbol, Fundación Antena 3; ademais de ser nomeada como como Biblioteca Asociada pola UNESCO, asentándose no cumprimento de todos os principios de fomento da lectura, desenvolvemento da cultura, solidariedade-voluntariado e cooperación con distintas entidades, e lograr o premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas no ano 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España.

7 de maio de 2015 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.