publicidade hoxe

A biblioteca de Arcade cambia libros e películas por alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSoutomaior
A-
A+

A biblioteca municipal do Concello do Soutomaior en Arcade puxo en marcha unha iniciativa social con vocación de permanencia. Trátase dun carriño de mercado de época no que a biblioteca deposita todas aquelas películas e libros de narrativa para adultos e nenos que ten duplicadas ou que por diferentes razóns decidíronse eliminar do catálogo da biblioteca.  Moito do material ofertado é novo e reponse a diario.

Se algún dos exemplares do carriño resulta interesante para alguén, este pode levarllo (como propietario) trocándoo por algún alimento non perecedoiro. Os alimentos que se recollen nesta iniciativa fanse chegar a Cáritas ao finalizar o mes a través dun dos seus voluntarios.

Levan un mes co mercadillo montado e algunhas persoas empezaron a deixar alimentos a cambio de libros, outros decidiron achegar alimentos sen nada a cambio e algúns trouxeron libros en doazón para esta iniciativa. Este mes cambiaron 40 libros por 40 quilos de comida.

Estará instalado na primeira planta da biblioteca durante todo o ano.

Os alimentos suxeridos para o troco: galletas,aceite, leite, legumes, arroz, azucre, conservas.

 

13 de maio de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.